Romeo e Xulieta de William Shakespeare é un texto clásico, que nunha versión moderna e actualizada como esta, resulta un espectáculo de fonda contemporaneidade.
Esta é unha das obras máis representadas ou versionadas, e serviu de inspiración para elaborar moitos argumentos para o cine, polo que figura no imaxinario actual dos espectadores.
Romeo e Xulieta fálanos das dificultades, ás veces insalvables, que se atopan cando se pretende conxuntar o particular e o social. O proceso de socialización non é un proceso natural e dinámico, senón que é conflitivo e, ás veces, destrutivo. O conflito entre o persoal e o familiar non sempre se resolve. E mesmo cando se resolve, non sempre se resolve ben. Na esencia dos procesos de socialización está o paso de mozo a adulto, onde a educación ten especial incidencia.
En Romeo e Xulieta conxúganse catro elementos observads de forma especÃfica: O Destino, como percorrido ou proxecto vital, a Acción, como compromiso coa realidade, o Amor como exaltanción da individualidade e a Morte cmo a destrución e reunificación de todo, pero non só o Amor é o desencadeante da traxedia, se cadra o Impulso, a Acción non meditada resulta máis determinante do desenlace final. Nesta obra, máis que ningunha outra de William Shakespeare, resáltase a impotancia de atinar no proceso natural de toma de decisións. Son as decisión non meditadas e tomadas impulsivamente as que conducen á traxedia.
Nesta proposta a violencia entre as familias, o amor dos protagonistas e todoso os demas conflitos trasládanse a unha epoca actuual e aun entorno moi inmediato onde resultan totalmente actualizados.
Unha mirada curiosa ante ese fenómeno que pasa cos anos: a mocidade.