Teatro do Noroeste
<- Volver

Obras en cartel

  • TÍTULO: AS DAMAS DE FERROL
  • AUTOR: Eduardo Alonso
  • “As damas de Ferrol” é unha comedia circular, ou mellor, en espiral onde a realidade e a fantasía debátense por ter a mesma carta de natureza, e seguramente a teñan.
  • REPARTO:
    Mónica Camaño (01.- Actriz.) · María Costas (02.- Actriz.) · Carlos Alonso (03.- Deseño de escenografía e vestiario.) · Chefa Alonso (04.- Composición muscal.) · Eduardo Alonso (05.- Deseño de iluminación.) · César Seijas (06.- Fotos e videos.) · Eva Alonso (07.- Produción.) · Clara Gayo (08.- Dirección de escena.)
  • RESUMO:
    Dúas mulleres incapacitadas... Pero non incapaces. Dúas mulleres que creron inxenuamente no destino que se esperaba de/para elas. Dúas mulleres absolutamente frustradas e culpabilizadas por non acadar un status social, económico e “romántico” que anhelaban e creron merecer, alomenos nalgún momento da súa vida. A frustración e a culpa teñen como resultantes directas a violencia e a ira, unha desesperación que trastorna o xuízo e o sentido da realidade, e, porén, a construción dun universo ou realidade con normas propias que se converte nun inferno. Pero, iso si, nun inferno coñecido. E como marco infinito, tanto físico como mental, tanto real como espiritual, se sitúa Ferrol. Un Ferrol vivido e vivencial, un Ferrol como espazo impreciso, máis interior que externo, que todo o colorea da súa especial personalidade de cidade irrepetible nun país irrepetible no espazo e no tempo, tan irrepetible como inexistente.

VIDEO

FICHEIROS

DOSSIER:

PROGRAMA:

NECESIDADES TÉCNICAS:

PLANO DE ILUMINACIÓN:

FOTOS

Non hai fotos dispoñibles.

ACTUACIÓNS

01-12-2023 Teatro Jofre Ferrol (A Coruña)
02-12-2023 Teatro Jofre Ferrol (A Coruña)