Manuela Varela

Manuela Varela

Manuela Varela

Achega

Iniciou a súa formación na interpretación a idade temperá de 11 anos. Comeza a súa carreira no ano 1997 coa compañía de títeres Falcatrua. Desde ese momento ten traballado con destacadas compañías teatrais galegas como Teatro do Atlántico, Títeres Cachirulo, o CDG, La Tuerka 27 ou Teatro do Noroeste, interpretando personaxes principais. Ademais, formouse como técnica superior de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos pola EIS Imaxe e Son da Coruña e exerciu como axudante de dirección en varias producións teatrais.

No audiovisual comeza a súa andaina no documental dramatizado Santiago, cidade de pedra en 1999. No 2000 foi seleccionada por Antón Reixa para interpretar a Elisa en Galicia Express. Ese mesmo ano, traballa na longametraxa Condenado a vivir. Despois de participar en varias producións para televisión como Mareas Vivas, Gondar ou O Show dos Tonechos, participou en Libro de Familia.

Comezou a colaborar con Teatro do Noroeste en 2008 con Romeo e Julieta de Eduardo Alonso, e actualmente é colaboradora habitual participando en obras como Palabras Malditas, Animais de Compañía, As Virxes Salvaxes ou Gloria Nacional coa que xirou fóra de Galicia como na Feira de Ciudad Rodrigo.

Recibiu en 2009 o Premio a Mellor actriz protagonista no V Festival Iberoamericano de teatro Mar de Plata, Arxentina. E foi finalista a mellor serie web nos XVIII Mestre Mateo pola serie Dinosaurios na que dirixiu un capítulo en 2020.

Volver atrás

Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí­. Se queres saber máis, le a nosa Polí­tica de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies