O Diario de Ferrol fÃxolle unha entrevista a Eduardo Alonso, autor e director de «Último Verán en Santa Cristina», con motivo da representación desta obra no Teatro Jofre de Ferrol o 28 de xuño de 2024.
Deixámosvos aquà a entrevista Ãntegra que lle fixeron ao autor e director de «Último Verán en Santa Cristina», Eduardo Alonso, antes da última función que tivemos desta obra o pasado 28 de xuño no Teatro Jofre de Ferrol.
Di Eduardo sobre a súa obra: "É unha obra moi emotiva e divertida, cunha parte de drama, na que se conta o paso da preadolescencia á madurez no verán dun rapaz en 1960, con 12 anos, cando descobre o amor, o sexo e tamén a sociedade e as tradicións que existen no mundo do que el forma parte."
Tamén lle preguntaron sobre o teatro da súa época en Teatro Estudio, que "era unha ferramenta moi útil para relacionarte coa sociedade. Agora o teatro segue a selo, pero tamén se entende como un divertimento e unha forma de ocio, mesmo de negocio e, polo tanto, difuminou moito, desde o meu punto de vista, os intereses que entón habÃa e, dalgunha forma, volver repasar aquelas liñas éticas e estéticas é necesario e eu fágoo conscientemente cada certo tempo; volvo repasar o que pensabamos entón de por que queriamos facer o que faciamos."
Aquà podes descargar e ler a entrevista completa: