AS DAMAS DE FERROL

AS DAMAS DE FERROL

Unha comedia negra e circular, a ritmo de jazz, onde se presenta un debate entre a fantasía e a realidade

Autor: Eduardo Alonso

REPARTO

“As damas de Ferrol” é unha comedia circular, ou mellor, en espiral onde a realidade e a fantasía se debaten por ter a mesma carta de natureza, e seguramente a teñan.

As súas protagonistas son Maruxa e Lurdes, dúas irmás xa maiores.

A liña argumental avanza e retrocede, léase e desléase como un nobelo imaxinario e imposible de descifrar.

As dúas personaxes que desenvolven a acción no escenario contan, entre discusión e discusión, retrincos das súas vidas, pero o que contan pode pertencer á realidade, acontecer, ou pode ser froito das súas enfermizas mentes. Como espectadores, nós nunca chegaremos a saber se é verdade ou fantasía. Para elas todo é realidade, as súas propias invencións fantásticas son máis reais que a propia realidade circundante.

No caso de que o que contan sexa verdade, acontecese, resulta patético e arrepiante.

No caso de que o que contan sexa un invento froito do desvarío e da enfermidade, entón o que resulta patético e arrepiante son as propias personaxes, as súas mentes capaces de imaxinar tal acontecer.

Crítica de Francisco Oti Ríos para a revista erregueté

A obra forma parte da proposta gañadora do V Premio Luisa Villalta a proxecto pola igualdade da Deputación da Coruña.

Volver atrás

Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí­. Se queres saber máis, le a nosa Polí­tica de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies