Teatro do Noroeste, é unha compañÃa teatral de longa traxectoria, creada en 1987, que ten realizado representacións dos seus espectáculos por toda Galicia, con frecuentes saÃdas polo resto de España, que estrea e representa todos os seus espectáculos en lingua galega por toda Galicia.
Teatro do Noroeste, é unha compañÃa que, na súa dilatada traxectoria ten producido e distribuÃdo unha grande cantidade de espectáculos. Entre estes espectáculos pódense salientar desde textos clásicos como: Rei Lear, Macbeth ou Noite de Reis, de William Shakespeare, ou As vodas de FÃgaro, de Caron de Beaumarchais, até textos máis contemporáneos como Os Xustos, de Albert Camus, ou de autores galegos vivos como Historias Peregrinas, ou A grande noite de Fiz, de Miguel Anxo Murado, Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro ou Campo Sur ou A Mamma de Lino Braxe, entre moitos outros, potenciando asà a dramaturxia galega contemporánea.
Teatro do Noroeste ten recibido numerosos premios polas súas producións, como Premios MarÃa Casares e Festival de Teatro Galego, ademáis de Premios Max aos textos de Eduardo Alonso. Un dos seus espectáculos producido foi o musical Imperial café cantante. Vigo 1936 de Eduardo Alonso, montaxe que recibiu os premios MarÃa Casares ao Mellor Texto, Mellor EscenografÃa, Mellor Vestiario, Mellor Música e Mellor Iluminación. Tamén os seus montaxes Extrarradios (comedia das mulleres desamparadas) e Último cowboy recibiron o premio ao mellor espectáculo no Festival de Teatro Galego, en 2008 e 2011.
Teatro do Noroeste, nestes máis de 35 anos realizou máis de 40 producións teatrais, todas elas foron estreadas en teatros de Galicia e todas elas pasaron antes o despois por todo o PaÃs.
Teatro do Noroeste está formada por Eduardo Alonso, Luma Gómez e Eva Alonso.