ÚLTIMO COWBOY

ÚLTIMO COWBOY

Unha aceda comedia sobre a realidade máis inmediata.

Autor: Eduardo Alonso

REPARTO

Quería escribir un texto sobre a crise que nos desfonda economicamente, sobre os bancos que nos chuchan os cartos, sobre Europa e a súa improbable construción, tamén sobre a soidade do individuo neste mundo globalizado e sobre os valores que nos inculcaron os nosos maiores e que agora xa non teñen vixencia… e saíu “Último cowboy”. A referencia norteamericana non podía faltar co seu universo de celuloide e imperialismo, coa súa intromisión e responsabilidade nesta situación que nos afoga, pero a xeración que puxo as cousas onde están non cultivou o seu imaxinario nos programas de televisión, nin moito menos nos videoxogos, cultivouno nas novelas de vaqueiros.

Estas noveliñas, lidas ás agochadas en internados e recreos de colexios confesionais foron os libros de cabeceira que consolidaron conceptos como o valor, a amizade, o honor, o sentido da vida e algunhas outras cuestións máis. Pero tampouco hai que conceder excesiva importancia ás influenzas das lecturas, a complexidade do ser humano maniféstase en múltiples direccións. En “Último cowboy” enfróntanse dúas Europas, a Vella e a do Este, expoñéndose con precisión as importantes diferenzas que as separan pero constatando que terán que aliarse en harmónica conxunción se queren manterse á altura do “amigo americano”.

“Último cowboy” é tamén unha comedia aceda sobre as relacións familiares. A absoluta posta en cuestión da familia como célula fundamental do noso instinto social. Se a familia é a unidade unicelular da nosa sociedade, non se pode agardar moito dun corpo composto por células canceríxenas. Pero, sobre todo, “Último cowboy” é un texto teatral de personaxes ou, dito doutro xeito, de actores. As dúas personaxes que nel aparecen, amais dos varios que sen aparecer fisicamente, están; constitúen a esencia mesma da propia proposta. Soamente xente singular pode aportar singulares visións e, do mesmo xeito, só personaxes singulares poden expresar con rotundidade e contundencia a singularidade desta caótica deriva da nosa sociedade.

En definitiva, “Último cowboy” tenta ser un espectáculo en clave de comedia aceda sobre a nosa realidade máis complexa e inmediata.

22/12/2012
Auditorio Centro Cultural Novacaixagalicia
Vigo (Ponteverda)
 
05/05/2012
Pazo da Cultura
Narón (A Coruña)
 
29/04/2012
Teatro Rosalía Castro
A Coruña
 
28/04/2012
Teatro Rosalía Castro
A Coruña
 
27/04/2012
Teatro Rosalía Castro
A Coruña
 
14/04/2012
Auditorio Municipal
Vilagarcía (Pontevedra)
 
23/03/2012
Auditorio de Bertamiráns
Ames (A Coruña)
 
18/03/2012
Teatre del Ponent
Granollers (Barcelona)
 
17/03/2012
Teatre del Ponent
Granollers (Barcelona)
 
16/03/2012
Teatre del Ponent
Granollers (Barcelona)
 
10/03/2012
Auditorio Municipal Gabriel García Márquez
Oleiros (A Coruña)
 
09/03/2012
Teatro Principal
A Estrada (Pontevedra)
 
03/03/2012
Centro Cultural e Xuvenil
Muros (A Coruña)
 
10/02/2012
Pazo da Cultura
Carballo (A Coruña)
 
04/02/2012
Teatro Pastor Díaz
Viveiro (Lugo)
 
29/01/2012
Teatro de la Fundición
Sevilla
 
28/01/2012
Teatro de la Fundición
Sevilla
 
27/01/2012
Teatro de la Fundición
Sevilla
 
26/01/2012
Teatro de la Fundición
Sevilla
 
23/12/2011
Teatro Jofre
Ferrol (A Coruña)
 
22/12/2011
Teatro Jofre
Ferrol (A Coruña)
 
17/12/2011
Teatro Principal
Santiago de Compostela
 
16/12/2011
Teatro Principal
Santiago de Compostela
 
27/11/2011
Teatro de la Estación
Zaragoza
 
26/11/2011
Teatro de la Estación
Zaragoza
 
25/11/2011
Teatro de la Estación
Zaragoza
 
18/11/2011
Auditorio Municipal
Ourense
 
06/11/2011
Centro Cultural
A Rúa (Ourense)
 
28/10/2011
Auditorio Municipal
Vigo (Pontevedra)
 
17/10/2011
Teatro Principal
Santiago de Compostela
 
06/09/2011
Auditorio Municipal
O Carballiño (Ourense)
 
Dossier (GL)
Necesidades (GL)

Volver atrás

Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí­. Se queres saber máis, le a nosa Polí­tica de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies