TAGEN ATA

TAGEN ATA

Estreada no Salón de Actos del I.B. Xelmírez I de Santiago de Compostela, o día 27 de novembro de 1990.

Autor: Xosé Luís Méndez Ferrín

REPARTO

Espectáculo coproducido entre Teatro Caritel e Teatro do Noroeste. Retorno a Tagen Ata, representa non só a materia orixinal que definirá o corpus literario de Xosé Luís Méndez Ferrín, referencia emblemática na que toda a.nosa xeración soubo que había na Literatura Galega un camiño posible para que ficción e realidade comparecesen orgánicas no gume das palabras; Retorno a Tagen Ata, reflexa tamén o ideario, a emoción programática, a decisión de optar, de ser parciais, de tomar partido pola causa nacional e anegarnos na fraxilidade dunha patria fragmentada, encollida en arestas de crise que, de vagar e como en ciclos periódicos, se revolve contra nós para nos deixar mancados, para volver a comezar a construción de tanto.

Retornar a Tagen Ata, vinte anos despois de que Méndez Ferrín a deixase escrita, para retratala agora en espellos teatrais e cinematográficos, significa a recuperación daqueles ollos estremecidos polo asombro e a carraxe, coa dureza da orixe, e meditar teatral, poeticamente, en todo o periplo transcorrido ata aquí, o itinerario que o noso paso fixo, pero tamén na dos seus silencios. Sobre todo na dos seus silencios. Só reflexionando sobre os grandes silencios que o nacionalismo galego foi tecendo ó redor de si, seremos capaces de orientar con lucidez e coraxe o seu futuro.

É difícil poñerse en proceso de montaxe de Retorno a Tagen Ata, sen percibir, sen decatarse de que tan importante como lle dar forma ás palabras, como outorgarlle a estas ámbitos de luz e espazos; tan importante ou máis, é procurar unha definición para o silencio, unha dramaturxia para a elipse. A procura de ROTBAF LUDEN, a protagonista que aprendeu a odiar a Terra Ancha nun exilio no que Tagen Ata apenas é unha referencia mítica, a indagación que esa muller realiza ó redor do seu ideal é unha singradura vital e iniciática concretada en ULM ROAN, e é cando se enfronta a el, símbolo de amor, complexo, odio, cousas de corazón neboento, cando todo se transforma, cando todo o soñado se revolve en significacións paradigmáticas simboloxías do devir dun pobo que se interroga a si mesmo sobre tanto futuro que non chega e por algo esas sombras... E cando parcialmente o encontra, tamén en anacos de si mesmo coma bandeiras esfarrapadas, case nunca estes se corresponden con ideais orixinarios.

Aquilo que fora trazado co mellor de nós mesmos. Como en tódalas crónicas da traizón, a crise, o amor, a decepción o odio, cousas de corazón neboento, todo isto entón se fai inevitable. Pero, o curso da vida continúa e sempre queda nalgún lugar de nós unha paisaxe en ruínas, unha nova paisaxe para retornar, para volvela a erguer de significados novos. Porque en ruínas ou non, esa é a nosa paisaxe, o lugar ó que o corazón sempre retorna, o lugar polo cal un decide esperar mentres unha voz neutral e sen matices nos advirte que xa o avión partiu e que só nos queda un xesto. En calquera caso, a decisión do xesto é cousa de cada quen. E como na formulación de Méndez Ferrín tamén nós decidimos aquí propoñerlle ao espectador a súa propia conclusión, a liberdade de optar polo seu xesto. Cara á final da partida ULM ROAN di: “Aínda non naceu ninguén que poida matar a ULM ROAN”. Será cousa de cada un dos espectadores avisados, que seguro lerán entreliñas cada frase, poñerlle solución a este dilema. Polo que a nós respecta só nos parecía posible enfocar Tagen Ata, como o que en realidade é: unha adoecida mestura de realidade e soño, de verdade e invención, de evidencia e simulacro... E nesta proposta de espectáculo, unha mestura de teatro e de cine.

19/03/1992
Teatro Principal
Santiago de Compostela
 
18/03/1992
Teatro Principal
Santiago de Compostela
 
17/03/1992
Teatro Principal
Santiago de Compostela
 
29/02/1992
Teatro Rosalía de Castro
A Coruña
 
29/02/1992
Teatro Rosalía de Castro
A Coruña
 
28/02/1992
Teatro Rosalía de Castro
A Coruña
 
12/01/1992
Auditorio Centro Cultural Caixavigo
Vigo
 
11/01/1992
Auditorio Centro Cultural Caixavigo
Vigo
 
10/01/1992
Teatro Principal
Pontevedra
 
09/01/1992
Teatro Principal
Pontevedra
 
15/12/1991
Auditorio Gustavo Freire
Lugo
 
14/12/1991
Auditorio Gustavo Freire
Lugo
 
30/11/1991
Casa da Cultura
Boiro
 
30/09/1991
Aula Cultura Caixa Galicia
Santiago de Compostela
 
27/11/1990
Salón de Actos do I.B. Xelmírez I
Santiago de Compostela
 

Volver atrás

Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí­. Se queres saber máis, le a nosa Polí­tica de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies