En O país acuático cinco actrices e actores interpretan ás personaxes que contan a historia deste país, un país que, a pesar do seu nome ou quizáis por el, non tiña auga. Un país sen mar, sen río, sen regato, sen charco, sen encoro, sen pozanca; pero que, grazas á imaxinación dos seus habitantes, acadou o que máis estimaba: transformarse nun país fermoso e florido, cheo de fontes e chafarices.
Unha metáfora do que ocorre no mundo no que a riqueza a controlan uns poucos e para outros é allea.
Un espectáculo para rapazas e rapaces, pero tamén para a nena e neno que algúns adultos aínda levan dentro.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí. Se queres saber máis, le a nosa Política de Cookies
Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies