MEDEA

MEDEA

Estreada na Aula de Cultura da Caixa de Aforros de Galicia en Santiago de Compostela, o 24 de novembro de 1987

Autor: Eurípides-Séneca-Anouilh e Passolini

REPARTO

Medea conforma con Hamlet e Edipo o trío de grandes mitos do teatro universal, quizais por iso sexa unha das traxedias clásicas máis versionadas. Das múltiples Medeas que existen merecen destacarse, ademais da orixinal de Eurípides, a de Séneca, a de Anouilh e o guión cinematográfico de Passolini, cada unha destas versións aportan á orixinal un novo e enriquecedor matiz.

Se a Medea grega configura os elementos básicos do mito, a Medea de Séneca dota ó mito dunha inusitada modernidade e dunha perfecta estruturación escénica. Anouilh enfoca a Medea e, sobre todo, as súas relacións con Jasón, desde un punto de vista máis cotián e doméstico conseguindo aproximarnos ó mito, pero polo mesmo limando as súas arestas máis demiúrxicas. Passolini retoma o mito en toda a súa pureza primitiva, reducindo os seus lindes ós fenómenos humanos e naturais, para Passolini a natureza é o interlocutor do home.

Nesta versión, realizada por Eduardo Alonso e Manuel Guede, preténdese fundilas versións denantes mencionadas tentando darlle ó mito todo o seu esplendor, pero conseguindo, tamén, aproximalo ó espectador actual e moderno de xeito que sinta claramente a súa relación cos mitos culturais da nosa cultura occidental que evidentemente son de procedencia clásica. Catro elementos son os básicos dos fenómenos naturais, do mundo e dos seus habitantes (segundo a cultura helénica): o aire, a terra, a auga e o lume. Estes mesmos elementos son os que configurarán a posta en escena desta Medea, o aire, a terra, o lume e a auga. É importante e necesario para o teatro galego, que se vaian incorporando á dramaturxia propia os grandes títulos da dramaturxia universal.

Este proceso de facer nosos eses grandes textos que configuran a cultura teatral de occidente enriquece e dota ó teatro galego das grandes pautas do teatro universal; e neste proceso non podía faltar un texto de teatro clásico, unha traxedia grega. Teatro do Noroeste, escolleu Medea por aportar ó seu esforzo a ese proceso e por entender que Medea é, das grandes traxedias gregas, a que maiores posibilidades de modernización tiña. Anouilh e Passolini así o pensaron.

Para poñer este grande texto en pé cóntase cun equipo formado por algúns dos máis prestixiosos profesionais do teatro galego nas súas respectivas actividades: Eduardo Alonso na dirección, Paco Conesa no deseño e realización de escenografía e vestiario e Luma Gómez, Elina Luaces, Gonzalo M. Uriarte e Cándido Pazó na interpretación, así como Emilio Cao na composición musical. Equipo que é garantía dun espectáculo teatral da máis alta calidade posible.

22/08/1988
Cine do Festival
Cariño
 
25/02/1988
Salón de Plenos do Concello
Vigo
 
07/02/1988
Sala Luis Seoane
A Coruña
 
06/02/1988
Sala Luis Seoane
A Coruña
 
05/02/1988
Sala Luis Seoane
A Coruña
 
04/02/1988
Sala Luis Seoane
A Coruña
 
17/12/1987
Casa da Cultura
Monforte
 
07/12/1987
Pavillón Municipal
Verín
 
04/12/1987
Hospital da Caridade
Ferrol
 
03/12/1987
Hospital da Caridade
Ferrol
 
28/11/1987
Aula de Cultura da Caixa de Aforros de Galicia
Santiago de Compostela
 
27/11/1987
Aula de Cultura da Caixa de Aforros de Galicia
Santiago de Compostela
 
26/11/1987
Aula de Cultura da Caixa de Aforros de Galicia
Santiago de Compostela
 
25/11/1987
Aula de Cultura da Caixa de Aforros de Galicia
Santiago de Compostela
 
24/11/1987
Aula de Cultura da Caixa de Aforros de Galicia
Santiago de Compostela
 

Volver atrás

Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí­. Se queres saber máis, le a nosa Polí­tica de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies