Compañía creada por Luma Gómez e Eduardo Alonso, profesionais cunha dilatada experiencia teatral, comezou a súa actividade en 1987.
Luma Gómez, actriz cunha longa e prolífica carreira profesional. Traballou en diversas e importantes compañías de teatro, así como en diversas montaxes do Centro Dramático Galego en papeis protagonistas. Fixo importantes papeis cinematográficos con produtores do Estado e de Galicia. É actriz habitual en programas e series da TVG.
Eduardo Alonso posúe unha das máis amplas e fructíferas traxectorias dentro do teatro profesional. Dirixiu máis de 40 espectáculos na súa xa dilatada carreira. É coautor de importantes versións teatrais como O enfermo imaxinario ou Medea publicadas por Edicións Xerais. E é autor de diversos textos, postos en escena por Teatro do Noroeste.
Foi o primeiro director do Centro Dramático Galego e en 1985 foi nomeado polo Ministerio de Cultura, membro do Consejo Nacional de Teatro, por designación directa. Un espectáculo da súa dirección: As alegres casadas, de W. Shakespeare, recibiu o premio “Compostela” ao mellor espectáculo teatral da temporada galega. Rei Lear de W. Shakespeare, versionada por Eduardo Alonso e Cándido Pazó, recibiu o premio “Compostela” á mellor versión teatral en língua galega.
Actualmente Teatro do Noroeste está formada por Eduardo Alonso, Luma Gómez e Eva Alonso.