MONÓLOGO GASTRONÓMICO DE CONSECUENCIAS IMPREVISIBLES "A tixola polo mango (Muller, non é para tanto)" é un monólogo no que se sente a rabia feminina sen case que apreciala, sutilmente.
A actriz mantén co público unha distancia prudente, pero íntima. Ela faise querer, é un ser aparentemente nobre, unha desas mulleres con ideas doutra época e das que todos temos algunha referencia persoal, ela podería ser aquela tía lonxana, a nosa curmá a solteirona, a nosa aboa ou mesmo a nosa nai.
O seu discurso encerra algo doutro tempo e, tamén, algo de verdadeira revolución feminina. Si elas tiveran o que nós, ¿que pasaría? Se elas puidesen ligar por internet, saír ate as tantas, ¿estaríamos nós, os seus fillos, aquí...? Elas asimilaron a familia como concepto, o home como estandarte e a casa como bandeira. Pero, ás veces, hai que dicir: “¡Basta!” ¡Que boca tan grande tienes! Es, para comerte mejor.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí. Se queres saber máis, le a nosa Política de Cookies
Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies