<- Volver
HISTORIAL
- TÍTULO: A MAMMA
- AUTOR: Lino Braxe
- Insistimos na crise de valores que nos ocupa, con ironÃa, con retranca, pero con sinceridade.
- ESTREA:
2014
- REPARTO:
Luma Gómez (Actriz.) · Eva Alonso (Deseño gráfico, video e produción.) · Eduardo Alonso (EscenografÃa, iluminación e dirección.) · Tino Viz (FotografÃa.)
- RESUMO:
Volvemos cun espectáculo unipersoal. Non soamente é por cuestións de crises e falta de apoios para afrontar proxectos, que tamén, é porque este xénero sempre nos interesou: “Feirantesâ€, “Campo Surâ€, tamén de Lino Braxe ou “A tixola polo mangoâ€, de Lola Correa, representan momentos nos que a nosa compañÃa asumiu este tipo de espectáculos. Este será, pois, o cuarto. Despois de anos de facer espectáculos de repartos numerosos, sentÃmonos na necesidade de abordar proxectos máis pequenos.
En “A Mamma†seguimos conectando directamente o noso teatro coa realidade máis próxima e inmediata, como aconteceu coas últimas producións: “Último cowboy†e “Linda and Freddy, ilusionistasâ€. Con Lino Braxe temos traballado en máis dunha ocasión, e temos montado outros textos deste singular autor. Únenos a el un sentido responsable de tomalo todo con ironÃa e retranca. Por iso, cando fomos coñecedores de que traballaba nun texto sobre a vida dunha muller loitadora que, nos últimos dÃas da súa vida rememora con estraña lucidez os tempos pasados e os presentes deste pobo tan castigado, puxémonos en contacto co autor para levar a escena a súa peza.
“A Mammaâ€, en certa medida é a historia de toda unha xeración, a xeración dos culpables de que agora as cousas estean como están. Por iso a historia de “A Mamma†é a historia dun fracaso, pero do fracaso daqueles que deixaron pasar por diante todas as oportunidades de rectificar. Ben é verdade que xeneralizar nunha xeración é excesivo, sobre todo para botar as culpas, pero membros destacados desa xeración fixeron que agora esteamos nun calexón sen saÃda. Esa xeración que educou aos seus fillos na abundancia e na liberdade e, agora, todo iso vólvese en contra. Fillos mal preparados para a crise e excesivamente preparados para nada.
De todo isto e de algunha cousa máis fala “A Mamma†de Lino Braxe que Teatro do Noroeste presenta coa intención de insistir na crise de valores que nos ocupa, con ironÃa, con retranca, pero con sinceridade.
VIDEO
FICHEROS
DOSSIER: 
PROGRAMA: 
NECESIDADES TÉCNICAS: 
PLANO DE ILUMINACIÓN: 
ACTUACIONS
26-03-2014 |
Zona C |
Santiago de Compostela |
27-03-2014 |
Zona C |
Santiago de Compostela |
28-03-2014 |
Zona C |
Santiago de Compostela |
29-03-2014 |
Zona C |
Santiago de Compostela |
30-03-2014 |
Zona C |
Santiago de Compostela |
02-04-2014 |
Zona C |
Santiago de Compostela |
03-04-2014 |
Zona C |
Santiago de Compostela |
04-04-2014 |
Zona C |
Santiago de Compostela |
05-04-2014 |
Zona C |
Santiago de Compostela |
06-04-2014 |
Zona C |
Santiago de Compostela |
14-11-2014 |
Forum Metropolitano |
A Coruña |
15-11-2014 |
Forum Metropolitano |
A Coruña |