Teatro do Noroeste
<- Volver

HISTORIAL

  • TTULO: A CELESTINA (COMEDIA DOS TOLOS AMORES DE CALISTO E MELIBEA)
  • AUTOR: Eduardo Alonso
  • Versión libre de A Celestina de Fernando de Rojas.
  • ESTREA: 2000
  • REPARTO:
    Xavier Estévez (01.- Calisto) · Carlos Mosquera Mos (02.- Pármeno) · Xosé Vilarelle (03.- Sempronio) · Luma Gómez (04.- Celestina) · Luisa Veira (05.- Elicia) · Belén Constenla (06.- Areúsa) · Elena Atienza (07.- Melibea) · Equipo Taetro (08.- Escenografía e vestiario) · Chefa Alonso (09.- Música orixinal) · Óscar Canal (10.- Deseño gráfico) · Tino Viz (11.- Fotografía) · Belén Arnejo (12.- Administración) · Juan Udaondo (13.- Axudante de dirección) · Eduardo Alonso (14.- Drección e deseño de iluminación)
  • RESUMO:
    Calisto "O Colombiano" foi enviado polos seus xefes de Medellín a resolver un par de "negocios" as Rías Galegas. Non tivo sorte "O Colombiano" nestas húmidas terras; os dous encargos saíronlle mal. O primeiro consistía en apertarlle as caravillas a Moncho Falcón, que andaba un pouco lento no sacrosanto deber de render contas. Cando xa o tiña acurralado escapóuselle de entre as mans, e na persecución agachóuselle nunha galería comercial, precisamente nunha floristería; non ía Calisto a montar un escándalo, “fierro” en man, no medio dos xeranios, os caraveis, as margaridas, os clientes..., de tódolos xeitos tentou pillalo e entrou correndo no comercio, derramando catro macetas e estragando varios exemplares de ficus, que estaban en temporada. Foi botado de alí con caixas destemperadas pola dependenta. ¡Nunca na súa terra unha muller lle berrara! Non o permitiría. ¡E mira ti!, déixase asoballar por unha galega que o pon de novo na rúa, e sen pillar a Falcón. Flores “Melibea”, nunca se lle esquecerá o nome da tenda, nin a fermosa furia galega. ¡Como son de macho as mulleres das Rías!, pensou mentres camiñaba de regreso ó hotel. E aqueles fermosos ollos anoxados non se lle descravaban do pensamento. O segundo encargo era máis complicado, aínda que podería resultar máis tranquilo: recoller as dúas maletas cos cen quilos, cincuenta en cada unha para ser exactos, e levalos de volta a Medellín. Xa os tiña no hotel, xa tiña o voo confirmado, nunhas horas despegaría rumbo a casa. E Calisto, mentres está facendo o tempo na habitación do hotel, xogando unha partida de cartas cos dous contactos nas Rías: Sempronio, o aproveitado e Pármeno, o fiel, lles conta a aventura da persecución. Non importa a fuxida de Falcón, xa o pillarán noutra viaxe, pero aqueles ollos... aquela mirada enrabechada, aquela enerxía limpa e transparente... Como quedan algunhas horas para o despegue e xa están fartos dos naipes deciden, dada a hora, facer unha visita ó local de Celestina a ver si ten novo xénero. Celestina sempre ten o mellor gando das Rías, e nada de colombianas, nativas de calidade, como moito algunha portuguesa que sempre da un toque canalla. Celestina por compracer e por presumir e porque é verdade, dille a Calisto que escolla a quen queira de dentro ou de fóra do local, que ela, Celestina, é capaz de poñer a disposición dos seus clientes o rubí máis prezado, mesmo que estea no frontal da coroa dun rei, que por algo aprendeu o seu oficio poñéndose ó servicio dos xeques árabes alá, na Marbella. E Calisto non o dubida e pronuncia o nome, ese nome que non foi capaz de borrar do seu maxín: 'Melibea". ¡Non o dixera! Aí comezou a tecerse a desgracia de Calisto, o seu fin. Efectivamente, Celestina conseguiu convencer a Melibea de que se citase con Calisto; efectivamente, entre os dous xoves prendeu unha paixón incontenible, devoradora, só igualada nas historias antigas; efectivamente, Calisto perdeu o voo de regreso a Medellín e os cen quilos entre as mans de Celestina coa colaboración de Sempronio e Pármeno, que algo tiveron que ver no asunto; efectivamente, os lonxanos xefes non podían permitir que tal desfeita quedara sen castigo. E un día, de regreso da cita con Melibea e sen causa aparente, Calisto caeu da Ponte Nova. O seu destrozado corpo apareceu case irrecoñecible no vial. Melibea non o puido superar. Os grandes amores, se rematan mal, son aínda máis grandes se cabe. Celestina pretendeu quedarse con todo o beneficio deste singular negocio, pero non era o seu día: Sempronio e Pármeno deron boa conta dela. E así remata esta historia, para aviso de namorados excesivos, alcaiotas desalmadas e malos amigos. Xa a tiña contado doutro xeito e en castelán antigo o converso Fernando de Rojas, pero, como é sabido, as boas historias se repiten sempre, nunca damos aprendido.

VIDEO

FICHEROS

DOSSIER:

PROGRAMA:

NECESIDADES TCNICAS:

PLANO DE ILUMINACIN:

FOTOS

ACTUACIONS

23-05-2000 Salón Teatro Santiago de Compostela
24-05-2000 Salón Teatro Santiago de Compostela
25-05-2000 Salón Teatro Santiago de Compostela
26-05-2000 Salón Teatro Santiago de Compostela
27-05-2000 Salón Teatro Santiago de Compostela
28-05-2000 Salón Teatro Santiago de Compostela
08-10-2000 Auditorio Municipal Hernán Naval Ribadeo (Lugo)
17-10-2000 Teatro Municipal Sá de Miranda Viana do Castelo (Portugal)
19-10-2000 Auditorio Municipal Torrente Ballester Ferrol (A Coruña)
20-10-2000 Auditorio Municipal Torrente Ballester Ferrol (A Coruña)
24-11-2000 Auditorio Municipal Narón (A Coruña)
25-11-2000 Auditorio Municipal Narón (A Coruña)
02-12-2000 Teatro Municipal As Torres Oleiros (A Coruña)
27-01-2001 Centro Cultural Caixa Nova Vigo (Pontevedra)
28-01-2001 Centro Cultural Caixa Nova Vigo (Pontevedra)
31-01-2001 Teatro Principal Santiago de Compostela
01-02-2001 Teatro Principal Santiago de Compostela
04-02-2001 Auditorio Municipal Gustavo Freire Lugo
23-02-2001 Teatro da Beneficiencia Ortigueira (A Coruña)
06-03-2001 Teatro Principal Santiago de Compostela
20-05-2001 Auditorio Municipal Cariño (A Coruña)
12-07-2001 Praza do Pazo Sanxenxo (Pontevedra)
07-08-2001 Praza Rafael Dieste Rianxo (A Coruña)
21-09-2001 Teatro Rosalía Castro A Coruña
22-09-2001 Teatro Rosalía Castro A Coruña
06-02-2002 Teatro Principal Pontevedra
07-02-2002 Teatro Principal Pontevedra
07-02-2002 Teatro Principal - Matinal Pontevedra
09-02-2002 Auditorio Municipal Cedeira (A Coruña)
10-02-2002 Auditorio Municipal Cedeira (A Coruña)