Teatro do Noroeste
<- Volver

HISTORIAL

  • TÍTULO: ROMEO E XULIETA
  • AUTOR: William Shakespeare
  • Estreada no Teatro Principal de Santiago de Compostela, o día 29 de marzo de 2007
  • ESTREA: 2007
  • REPARTO:
    Luma Gómez (01.- Actriz, pepel de Mendiga) · Aitor Rei (02.- Actor, papel de Sansón) · Jacobo Bugarín (03.- Actor, papel de Gregorio, deseño gráfico) · Fernando González (04.- Actor, papel de Abrahán) · Victoria Pérez (05.- Actriz, papel de Bemba) · Fernando Tato (06.- Actor, papel de Tebaldo) · Christian Escuredo (07.- Actor, papel de Romeo) · Sara Casasnovas (09.- Actriz, papel de Xulieta) · Manuela Varela (10.- Actriz, papel de Xulieta) · Alejandro Carro (11.- Actor, papel de Mercuchio) · Equipo Taetro (12.- Escenografia, indumentaria) · Brais Morán (13.- Selección musical) · Eva Alonso (14.- Produción) · Eduardo Alonso (15.- Dramatúrxia, iluminación, dirección)
  • RESUMO:
    Romeo e Xulieta de William Shakespeare é un texto clásico, que nunha versión moderna e actualizada como esta, resulta un espectáculo de fonda contemporaneidade. Esta é unha das obras máis representadas ou versionadas, e serviu de inspiración para elaborar moitos argumentos para o cine, polo que figura no imaxinario actual dos espectadores. Romeo e Xulieta fálanos das dificultades, ás veces insalvables, que se atopan cando se pretende conxuntar o particular e o social. O proceso de socialización non é un proceso natural e dinámico, senón que é conflitivo e, ás veces, destrutivo. O conflito entre o persoal e o familiar non sempre se resolve. E mesmo cando se resolve, non sempre se resolve ben. Na esencia dos procesos de socialización está o paso de mozo a adulto, onde a educación ten especial incidencia. En Romeo e Xulieta conxúganse catro elementos observados de forma específica: O Destino, como percorrido ou proxecto vital, a Acción, como compromiso coa realidade, o Amor como exaltación da individualidade e a Morte como a destrución e reunificación de todo, pero non só o Amor é o desencadeante da traxedia, se cadra o Impulso, a Acción non meditada resulta máis determinante do desenlace final. Nesta obra, máis que ningunha outra de William Shakespeare, resáltase a importancia de atinar no proceso natural de toma de decisións. Son as decisións non meditadas e tomadas impulsivamente as que conducen á traxedia. O vello conflito familiar é un pano de fondo que colabora, pero non determina. Romeo e Xulieta é a obra onde con máis tino e precisión aparecen reflectidas as virtudes e as eivas da mocidade, pero onde os adultos non deixan de estar comprometidos co desenlace final e fatal. Nesta proposta a violencia entre as familias, o amor dos protagonistas, e todos os demais conflitos trasládanse a unha época actual e a un entorno moi inmediato onde resultan totalmente actualizados.

VIDEO

FICHEROS

DOSSIER:

PROGRAMA:

NECESIDADES TÉCNICAS:

PLANO DE ILUMINACIÓN:

FOTOS

ACTUACIONS

29-03-2007 Teatro Principal Santiago de Compostela
30-03-2007 Teatro Principal Santiago de Compostela
31-03-2007 Teatro Principal Santiago de Compostela
18-04-2007 Sala Yago Santiago de Compostela
19-04-2007 Sala Yago Santiago de Compostela
19-04-2007 Sala Yago Santiago de Compostela
20-04-2007 Sala Yago Santiago de Compostela
21-04-2007 Sala Yago Santiago de Compostela
22-04-2007 Sala Yago Santiago de Compostela
25-04-2007 Sala Yago Santiago de Compostela
26-04-2007 Sala Yago Santiago de Compostela
26-04-2007 Sala Yago Santiago de Compostela
27-04-2007 Sala Yago Santiago de Compostela
28-04-2007 Sala Yago Santiago de Compostela
29-04-2007 Sala Yago Santiago de Compostela
11-05-2007 Teatro Jofre Ferrol (A Coruña)
23-08-2007 IES Agra de Raices Cee (A Coruña)
02-09-2007 Auditorio Municipal Hernán Naval Ribadeo (Lugo)
05-09-2007 Auditorio Multifunción O Carballiño (Ourense)
09-09-2007 Edificio Multiusos Monforte de Lemos (Lugo)
15-09-2007 Pazo da Cultura Carballo (A Coruña)
22-09-2007 Auditorio Municipal Cangas do Morrazo (Pontevedra)
23-09-2007 Teatro Jofre Ferrol (A Coruña)
28-09-2007 Teatro Municipal Lauro Olmo O Barco de Valdeorras (Ourense)
04-10-2007 Auditorio Municipal Ourense
05-10-2007 Auditorio Municipal Ourense
11-10-2007 Teatro Rosalía Castro A Coruña
11-10-2007 Teatro Rosalía Castro A Coruña
12-10-2007 Teatro Rosalía Castro A Coruña
17-10-2007 Teatro Principal Pontevedra
17-10-2007 Teatro Principal Pontevedra
26-10-2007 Teatro Principal Santiago de Compostela
04-11-2007 Casa da Cultura San Sadurniño (A Coruña)
05-11-2007 Casa da Cultura San Sadurniño (A Coruña)
09-11-2007 Auditorio Municipal Gabriel García Márquez Oleiros (A Coruña)
10-11-2007 Auditorio Municipal Gabriel García Márquez Oleiros (A Coruña)
15-12-2007 Auditorio Municipal Carme Estévez Vilalba (Lugo)
16-12-2007 Centro Cultural Caixa Nova Vigo (Pontevedra)
11-01-2008 Auditorio Municipal Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
25-04-2008 Auditorio Municipal Pascual Veiga Mondoñedo (Lugo)
26-04-2008 Pazo Emilia Prdo Bazán Sanxenxo (Pontevedra)
02-05-2008 Casa da Cultura Burela (Lugo)
23-05-2008 Auditorio Municipal Narón (A Coruña)
24-05-2008 Auditorio Municipal Narón (A Coruña)
30-05-2008 Teatro Sà de Miranda Viana do Castelo (Portugal)