Teatro do Noroeste
<- Volver

HISTORIAL

  • TÍTULO: GLASS CITY (CIDADE DE CRISTAL)
  • AUTOR: Eduardo Alonso
  • Estreouse o 24 de setembro de 2009 no Teatro Jofre de Ferrol (A Coruña)
  • ESTREA: 2009
  • REPARTO:
    Xavier Estévez (01.- Actor) · Luma Gómez (02.- Actriz) · Carlos Mosquera Mos (03.- Actor) · Maxo Barjas (04.- Actriz) · Monti Castiñeiras (05.- Actor) · Xan Casas (06.- Actor) · Christian Escuredo (07.- Actor) · Ramón Orencio (08.- Actor) · Fernando Tato (09.- Actor) · Brandán Lourenzo (10.- Actor) · Fernando González (11.- Actor) · Brais Morán (12. Actor) · Julia Méndez (13.- Actriz) · Julia Sánchez (14.- Actriz) · Paco Conesa (15.- Escenografía, indumentaria) · Bernardo Martínez (16.- Composición, dirección musical) · Chedes Suárez (17.- Coreografía) · Imma António (18.- Axudante de dirección) · Eva Alonso (19.- Produción) · Eduardo Alonso (20.- Iluminación, dirección)
  • RESUMO:
    Teatro do Noroeste, é unha compañía que, na súa dilatada traxectoria de máis de 20 anos, ten producido e distribuído unha grande cantidade de espectáculos. Entre estes espectáculos se poden salientar desde textos clásicos como: Rei Lear, Macbeth ou Noite de Reis, de William Shakespeare, ou As vodas de Fígaro, de Caron de Beaumarchais, até textos máis contemporáneos como Os Xustos, de Albert Camús, ou de autores galegos como Historias Peregrinas, ou A grande noite de Fiz, de Miguel Anxo Murado e Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro e o musical, Imperial: Café cantante. Vigo 1936, de Eduardo Alonso. Entre moitos outros.

    Teatro do Noroeste está a preparar a produción e distribución do espectáculo teatral: Glass City (Cidade de Cristal). Esta produción é unha obra musical de grande formato no que participan catorce actores e actrices e conta con músicos en directo que interpretan os temas musicais e as cancións que aparecen no espectáculo.

    En Glass City, hai dúas cuestións que impregnan todo o argumento do espectáculo e forman parte esencial da obra: o lugar e a época. O lugar é a cidade de A Coruña, e a época é o setembro de 1.958. Nesa época e nesas datas adoitaba pasar varios días de veraneo, o entón xefe do Estado Español, o ditador Francisco Franco, en A Coruña. Con el chegaban á cidade unha morea de ministros e altos cargos daquel goberno que, instalados na cidade, a transformaban, durante uns días, na capital de España. Alí celebráronse consellos de ministros e constantes recepcións no Pazo do Concello, no club Náutico, e noutras sociedades civís, tamén se fixeron grandes cantidades de inauguracións, festexos e concursos para darlle brillo e esplendor a aquel réxime usurpador que xa levaba imposto máis de vinte anos.

    Os membros da escolta de Franco, maiormente militares, que conformaban tanto a casa civil como a militar do ditador, chegaban a cidade dispostos a divertirse e gastar os sobresoldos que o Réxime lles facilitaba; montábanse entón grandes partidas de cartas, onde os visitantes eran alegremente desplumados polos espelidos residentes que agardaban a chegada dos madrileños con grande expectación. Presidía a corporación municipal, naqueles meses, o alcalde Alfonso Molina, protexido da esposa do ditador e asiduo participante de festas e nocturnidades. Daquela época ven o dito de que “mentres Santiago reza e Vigo traballa, a Coruña se divirteâ€.

    Pero é tamén neste ano de 1.958, cando chegan aos bares de A Coruña, as “juke boxâ€, máquinas de discos, importadas de Estados Unidos e que viñan cargadas con cancións de Elvis Presley, Paul Anka, Neil Sedaka, Chubby Checker e compañía, o xerme da revolución da música xuvenil estaba servida e callaría anos despois, pero algúns mozos coruñeses atentos, se adiantan. Nace a xuventude como clase social.

    Mais non todos están sometidos ao Réxime, ao menos internamente. O traxecto que recorre a escolta do ditador todos os días, do Pazo de Meirás ao do Concello de A Coruña, é u bo lugar para un atentado, as curvas de Bastiagueiro, continuas e pechadas, que obrigan a reducir a velocidade dos coches, préstanse para elo. Aínda que posiblemente aconteceu anos despois, neste espectáculo datamos neste ano un intento de atentado ao ditador. Hai que ter en conta que Franco tivo, que agora se saiba, más de trinta intentos de atentados ao longo da súa dilatada ditadura.

    Glass City, non é unha obra histórica, pero a historia incide nela con especial consideración. Sobre todo os sucesos que aconteceron neses días en A Coruña: as inauguracións da Sociedade Hípica, da Fábrica de Armas ou do Supermercado de San Agostiño, a cea de gala no Pazo do Concello, onde, para susto de todas as autoridades, se interpretou o Himno Galego, ou a pesca por parte do Azor e de Franco, dunha balea que case creou un incidente político, pois a prensa non sabía se chamala cachalote ou cetáceo. Son acontecementos, entre outros, que aparecen reflectidos nos fíos argumentais deste espectáculo.

    A Coruña, ca súa historia recente, pois, é unha protagonista clara de Glass City (Cidade de cristal), sendo referencia do título e aparecendo en todo o seu fío argumental.

    Pero, tamén, Glass City, súmase aos textos de Eduardo Alonso dedicados a diferentes épocas e cidades galegas, primeiro foi As damas de Ferrol, despois Imperial: Café cantante. Vigo 1936, e agora este dedicado á Cidade de Cristal.

    Este proxecto, elaborado por unha compañía coa solvencia e traxectoria de Teatro do Noroeste, polas súas dimensións de espectáculo de grande reparto con músicos en escena, polas súas características de espectáculo musical, e sobre todo pola súa temática centrada en A Coruña naqueles tempos de finais dos 50, en setembro, cando esta cidade se transformaba na capital de España, coidamos que pode ser moi atractivo para o grande público.

    Este espectáculo representarase por toda Galicia nos meses que van de finais de setembro de 2009 até finais de decembro do mesmo ano en galego e, posteriormente, se preparará a versión en castelán para a súa distribución por toda a península.

VIDEO

FICHEROS

DOSSIER:

PROGRAMA:

NECESIDADES TÉCNICAS:

PLANO DE ILUMINACIÓN:

FOTOS

ACTUACIONS

24-09-2009 Teatro Jofre Ferrol (A Coruña)
25-09-2009 Teatro Jofre Ferrol (A Coruña)
26-09-2009 Teatro Jofre Ferrol (A Coruña)
02-10-2009 Edificio Servicios Múltiples Culleredo (A Coruña)
04-10-2009 Edificio Multiusos Monforte de Lemos (Lugo)
07-10-2009 Salón Teatro Santiago de Compostela
08-10-2009 Salón Teatro Santiago de Compostela
09-10-2009 Salón Teatro Santiago de Compostela
10-10-2009 Salón Teatro Santiago de Compostela
11-10-2009 Salón Teatro Santiago de Compostela
14-10-2009 Salón Teatro Santiago de Compostela
15-10-2009 Salón Teatro Santiago de Compostela
16-10-2009 Salón Teatro Santiago de Compostela
17-10-2009 Salón Teatro Santiago de Compostela
18-10-2009 Salón Teatro Santiago de Compostela
19-10-2009 Salón Teatro Santiago de Compostela
23-10-2009 Casa da Cultura Burela (Lugo)
24-10-2009 Teatro Rosalía Castro A Coruña
25-10-2009 Teatro Rosalía Castro A Coruña
26-10-2009 Teatro Rosalía Castro A Coruña
30-10-2009 Pazo da Cultura Carballo (A Coruña)
31-10-2009 Auditorio Municipal Gabriel García Márquez Oleiros (A Coruña)
05-11-2009 Auditorio Municipal Ourense
06-11-2009 Auditorio Municipal Ourense
08-11-2009 Auditorio Municipal Hernán Naval Ribadeo (Lugo)
13-11-2009 Teatro Municipal - Edificio Ãrea Panorámica Tui (Pontevedra)
14-11-2009 Auditorio Municipal Cangas do Morrazo (Pontevedra)
20-11-2009 Auditorio Municipal Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
21-11-2009 Pazo da Cultura Narón (A Coruña)
28-11-2009 Auditorio Caixa Nova Pontevedra
29-11-2009 Centro Cultural Caixa Nova Vigo (Pontevedra)
04-12-2009 Teatro Municipal Lauro Olmo O Barco de Valdeorras (Ourense)
11-12-2009 Casa da Cultura do Milladoiro Ames (A Coruña)
18-12-2009 Teatro Principal Santiago de Compostela
19-12-2009 Teatro Principal Santiago de Compostela