Teatro do Noroeste
<- Volver

HISTORIAL

  • TÍTULO: EXTRARRADIOS (COMEDIA DAS MULLERES DESAMPARADAS)
  • AUTOR: Eduardo Alonso
  • Estreada no Teatro Principal de Santiago de Compostela, o día 16 de xaneiro de 2008
  • ESTREA: 2008
  • REPARTO:
    Luma Gómez (01.- Actriz, pepel de Mendiga) · Victoria Pérez (02.- Actriz, papel de Raquel) · Equipo Taetro (03.- Escenografía, indumentaria) · Brais Morán (04.- Selección musical) · Jacobo Bugarín (05.- Imaxe gráfica) · Tino Viz (06.- Fotografía) · Eva Alonso (07.- Produción) · Eduardo Alonso (08.- Iluminación, dirección)
  • RESUMO:
    Extrarradios (Comedia das mulleres desamparadas), acadou o premio Max das Artes Escénicas na súa edición de 2009 no apartado de texto en galego. Comedia urbana, aínda que marxinal, sobre o fructífero encontro de dúas mulleres singulares, unha mendiga chegada ao punto de maior degradación, e unha puta de estrada barata e acabada, que disputan o seu espazo vital, a parada abandonada do bus 108. Nos límites imprecisos da cidade, e posiblemente tamén da realidade, móvense estas personaxes que, a pesares da súa lateralidade, manteñen o seu dereito a ser felices. Se cadra, todo podería acontecer doutro xeito, pero elas asumen cunha dignidade túzara a parte que lles tocou vivir. A casualidade fai que Raquel, a puta de estrada, e a mendiga se atopen. Transitan uns espazos onde o encontro era posible, e unha vez que este se dá, acontece como nesas asociacións interesadas de animais de distinta natureza que, complementándose, conviven. A súa asociación non dá como resultado a suma das súas posibilidades, senón que xera un novo ser distinto dos sumandos, con características e potencialidades nunca sospeitadas. A súa casual sociedade confírelles unha nova e brutal natureza que desenvolveran en toda a súa capacidade destructora. Efectivamente, a mendiga e Raquel son, seguramente sen ser conscientes disto, mulleres desamparadas, colocadas no lugar menos favorecido da vida, unha porque é o lugar que lle corresponde nesa ruleta cega do destino, a outra por chegar a el no seu propio proceso de degradación. Atópanse, as dúas, no chanzo máis baixo da baixada aos infernos. Sen embargo, acomódanse nel e deciden vivir ou, no seu caso, sobrevivir asumindo a súa situación coa calma que lles confire a súa humana natureza. E nós, observámolas polo lente do microscopio do escenario, cun sorriso tenro sospeitando, ao tempo, que estamos máis reflectidos nelas do que parece aparentar.

VIDEO

FICHEROS

DOSSIER:

PROGRAMA:

NECESIDADES TÉCNICAS:

PLANO DE ILUMINACIÓN:

FOTOS

ACTUACIONS

16-01-2008 Teatro Principal Santiago de Compostela
17-01-2008 Teatro Principal Santiago de Compostela
18-01-2008 Teatro Principal Santiago de Compostela
25-01-2008 Centro Social e Xuvenil Muros (A Coruña)
07-03-2008 Centro Cívico e Social Arteixo (A Coruña)
10-04-2008 Teatro de la Estación Zaragoza
11-04-2008 Teatro de la Estación Zaragoza
12-04-2008 Teatro de la Estación Zaragoza
13-04-2008 Teatro de la Estación Zaragoza
06-06-2008 Teatro de la Fundición Sevilla
07-06-2008 Teatro de la Fundición Sevilla
08-06-2008 Teatro de la Fundición Sevilla
28-08-2008 IES Agra de Raices Cee (A Coruña)
11-09-2008 Auditorio Multifunción O Carballiño (Ourense)
19-09-2008 Teatro Jofre Ferrol (A Coruña)
25-09-2008 Arteria Noroeste Santiago de Compostela
26-09-2008 Arteria Noroeste Santiago de Compostela
27-09-2008 Arteria Noroeste Santiago de Compostela
02-10-2008 Auditorio Municipal Ourense
09-10-2008 Auditorio Caixa Nova Vigo (Pontevedra)
11-10-2008 Auditorio Municipal Gabriel García Márquez Oleiros (A Coruña)
13-10-2008 Teatro Principal Santiago de Compostela
17-10-2008 Centro Sociocultural Cuntis (Pontevedra)
19-10-2008 Auditorio Municipal Pascual Veiga Mondoñedo (Lugo)
24-10-2008 Edificio Servicios Múltiples Culleredo (A Coruña)
31-10-2008 Auditorio Municipal Riveira (A Coruña)
06-11-2008 Teatro Principal Pontevedra
09-11-2008 Casa da Cultura San Sadurniño (A Coruña)
11-11-2008 Teatro Arniches Alicante
14-11-2008 Novo Salón Teatro Lalín (Pontevedra)
15-11-2008 Asociación Cultural Río Anllóns Ponteceso (A Coruña)
16-11-2008 Auditorio da Xuventude Cambados (Pontevedra)
28-11-2008 Sala Bahía Foz (Lugo)
29-11-2008 Auditorio Municipal Cangas (Pontevedra)
31-01-2009 Auditorio Municipal Narón (A Coruña)
14-02-2009 Auditorio Municipal Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
27-02-2009 Teatro Rosalía Castro A Coruña
28-02-2009 Teatro Rosalía Castro A Coruña
06-03-2009 Coliseo Noela Noia (A Coruña)
19-03-2009 Teatro Fernando de Rojas. Círculo de Bellas Artes Madrid
20-03-2009 Teatro Fernando de Rojas. Círculo de Bellas Artes Madrid
18-04-2009 Casa da Cultura Ribadavia (Ourense)
03-05-2009 Auditorio Municipal Hernán Naval Ribadeo (Lugo)