Teatro do Noroeste
<- Volver

Obras en cartel

  • TÍTULO: FEIRANTES
  • AUTOR: Álvaro Cunqueiro. Adaptación teatral: Eduardo Alonso
  • Realismo máxico galego en todo o seu esplendor.
  • REPARTO:
    Imma António (01.- Actriz.) · Equipo Taetro (02.- Escenografía e indumentaria.) · Chefa Alonso (03.- Composición musical.) · César Seijas (04.- Fotografía.) · Eva Alonso (05.- Produción.) · Eduardo Alonso (06.- Deseño de iluminación e dirección.)
  • RESUMO:
    “FEIRANTES” é un espectáculo teatral baseado nas narracións de Álvaro Cunqueiro recollidas no seu libro “OS OUTROS FEIRANTES”. Como se sabe, nestas narracións aparecen reflectidas as andainas de diversas e curiosas personaxes: aquel que falaba co seu cabalo; o outro ó que lle falaban as cousas: as cadeiras, as zocas, a culler, o seu propio estómago; aquela voadora de Serantes que voaba sentada nunha banqueta; aquel Tristán García que morreu de tristura porque non atopou a súa Isolda; aquel Novagildo Andión que recorría as feiras co seu autobús, transportando persoas e animais, que nalgúns casos ven sendo o mesmo; ou aquel que tiña un ollo de cristal, que como o oculista non tiña outro deulle un de segunda man cor violeta, que fora un encargo dunha viúva que morreu antes de disfrutalo, e tódalas mozas querían ter fillos con el para ver se herdaban esa fermosa cor de ollos; ou aquela Anxeliña de Prado que naceu anana, pero cunha habilidade, bordar panos con lendas para os velorios: “¡Adeus, padriños queridos!”, “¡Agárdovos a todos no ceo!”, “¡Deica volta, compañeiros!”, e cousas así. Todas estas tenras, máxicas e líricas personaxes aparecen reflectidas en “Feirantes” a través dun fío conductor, dun nexo común que as interrelaciona, e este nexo non podía ser outro, na vida dunhas personaxes tan fondamente galegas, que unha vaca, o animal totémico da cultura rural galega. Unha vaca, pois, pasa de man en man, de dono en dono, de feira en feira, e acompañándoa no seu recorrido vital tomamos coñecemento das andainas destas personaxes tan próximas á realidade máxica que caracteriza á cultura galega. Pero os días están contados para estas personaxes, para este fermoso animal. Ós poucos, todo o que significan vaise derrubando. As súas vidas perden o sentido que alentou nelas e, desorientados, atopan caladamente a súa fin. E no último intre pregúntanse a si mesmas cal foi o motivo, cal foi a razón que as levou a esa situación sen saída onde se atopan: ¿Quizais o seu xeito de ser?. ¿Será que a súa innata mansedume, o seu natural conforme levounas paseniño ata a súa fin? Un espectáculo sinxelo, feito desde o sorriso, desde a delicadeza, desde o amor, que procura buscar a relación directa, limpa, sen trampas, co espectador de hoxe e con tódolos públicos, e que inicia unha nova liña de traballo para Teatro do Noroeste, na adaptación de textos narrativos ó teatro, eses textos que expresan a esencia da nosa cultura. Un espectáculo homenaxe á vaca e ás estrañas e curiosas personaxes que aínda habitan moitos pobos de Galicia e tamén, porque non dicilo, un espectáculo homenaxe a Álvaro Cunqueiro.

VIDEO

FICHEIROS

DOSSIER:

PROGRAMA:

NECESIDADES TÉCNICAS:

PLANO DE ILUMINACIÓN:

FOTOS

ACTUACIÓNS

03-03-2022 Forum Metropolitano A Coruña
03-03-2022 Forum Metropolitano A Coruña
04-03-2022 Forum Metropolitano A Coruña
04-03-2022 Forum Metropolitano A Coruña
05-03-2022 Forum Metropolitano A Coruña
04-09-2022 Auditorio Edificio Multiusos Santa Comba (A Coruña)
04-11-2022 Centro Cultural Oroso (A Coruña)
05-11-2022 Casa da Cultura Outes (A Coruña)
11-11-2022 Centro Sociocultural A Baña (A Coruña)
15-11-2022 Local Xente Nova de Tabeaio Carral (A Coruña)
18-11-2022 Edificio Servizos Múltiples Culleredo (A Coruña)
25-11-2022 Biblioteca Municipal Muros (A Coruña)
27-12-2022 Sala Gurugú A Coruña
28-12-2022 Sala Gurugú A Coruña
29-12-2022 Sala Gurugú A Coruña
30-12-2022 Sala Gurugú A Coruña
24-03-2023 Pazo da Cultura Narón (A Coruña)
07-06-2023 Auditorio Casa de Cultura Cariño (A Coruña)
08-07-2023 Praza (Aire libre) Pantón (Lugo)
14-09-2023 Sala Bahía Foz (Lugo)
14-09-2023 Sala Bahía Foz (Lugo)
20-10-2023 Salón da Actos Biblioteca Municipal Brión (A Coruña)