Teatro do Noroeste
<- Volver

Obras en cartel

  • TÍTULO: ÚTIMO VERÁN EN SANTA CRISTINA
  • AUTOR: Eduardo Alonso
  • As sensibles e conmovedoras lembranzas dun rapaz que pasa a súa infancia na España franquista.
  • REPARTO:
    Xavier Estévez (01.- Actor, no papel de Alfredo.) · Maxo Barjas (02.- Actriz, no papel de nai.) · Miguel Pernas (03.- Actor, no papel de pai.) · Manuela Varela (04.- Actriz, no papel de Ánxela.) · Luma Gómez (05.- Actriz, no papel de Carmiña Ramona.) · Equipo Taetro (06.- Escenografía e indumentaria.) · Fernando Alonso (07.- Composición musical.) · César Seijas (08.- Videos.) · Imma António (09.- Axudante de dirección.) · Eva Alonso (10.- Produción.) · Eduardo Alonso (11.- Deseño de iluminación e dirección.)
  • RESUMO:
    “Último verán en Santa Cristina”, conta o acontecido a un rapaz de 12 anos que, no ano 1960, pasa o seu último verán nunha praia preto da cidade na que vive. Moitos anos despois, cando xa é un home adulto recibe unhas cartas supostamente propiedade da súa nai xa morta e, na lectura destas cartas, rememora o acontecido aquel verán. Como ademais é fillo de militar, o rapaz vive especialmente os acontecementos da sociedade franquista da época: os desfiles na praza da cidade que coinciden coa estancia de Franco no Pazo de Meirás, a poucos quilómetros de onde el veranea. Entre os seus propios recordos, moi escorados nas lembranzas relacionadas co seu paso de neno a adulto, e as cartas agora coñecidas vai descubrindo a relación da súa propia nai, a muller do militar, cun antigo amigo da xuventude, agora fuxido e enrolado na última partida de guerrilleiros antifranquistas que aínda fica activa en Galicia nese ano de 1960. Para o protagonista, agora un adulto, a lectura das cartas e os recordos non moi precisos que aínda conserva de aqueles anos, dos que pasaron xa máis de trinta, vanlle descubrindo as relacións triangulares da súa nai, o seu pai e o partisano que, inevitablemente, rematarán en traxedia.

VIDEO

FICHEIROS

DOSSIER:

PROGRAMA:

NECESIDADES TÉCNICAS:

PLANO DE ILUMINACIÓN:

FOTOS

ACTUACIÓNS

28-01-2022 Pazo da Cultura Narón (A Coruña)
29-01-2022 Pazo da Cultura Narón (A Coruña)
22-04-2022 Auditorio Municipal Gabriel García Márquez Oleiros (A Coruña)
03-06-2022 Edificio Servizos Múltiples Culleredo (A Coruña)
30-09-2022 Centro Cívico Arteixo (A Coruña)
19-11-2022 Centro Cultural Avenida A Rúa (Ourense)
20-01-2023 Teatro Rosalía Castro A Coruña
25-02-2023 Auditorio Casa da Cultura Vimianzo (A Coruña)
17-03-2023 Teatro Principal Santiago de Compostela
28-10-2023 Teatro Coliseo Noela Noia (A Coruña)
11-11-2023 Auditorio Municipal de Goián Tomiño (A Coruña)
02-12-2023 Teatro Pastor Díaz Viveiro (Lugo)